Érase unha vez un xigante e unha pulga que vivían no espacio. O xigante quería esmagar á pulga e a pulga escapou correndo a toda presa, aínda que o xigante volveu atopar a pulga non puido esmagala porque era moi pequeniña e se escondeu nos chícharos.
Pasou certo tempo e a pulga saliu dos chícharos e volveuse atopar co xigante pero non puido esmagala. Entón o xigante decidiu que a pulga fose con el. Chegaron ao río e unha vez alí o xigante pensou en facerlle unha trampa pero como a pulga non é parva escondeuse nunha árbore. O xigante enfadouse e empezou a turrar da árbore e a pulga caeu ao río. A pulga non sabía nadar e case se afoga pero entón o xigante salvouna e decidiron ser amigos para sempre. O xigante prometeulle que nunca máis ía intentar esmagala.
Autores: tod@s os nen@ de 3ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario